As vellas catedrais gardan segredos. Poden ser, por exemplo, a morada de seres tan fantásticos como o é o trasno desta historia. De ser habitante dun penedo perdido nun monte galego, pasou a ter morada na catedral de Santiago de Compostela. O seu novo acubillo permitiulle coñecer a historia do templo e da cidade do Apóstolo en primeiro plano, formando parte dela e divertíndonos coas súas trasnadas inesperadas. [Presentación editorial]