¡Ter amigos é a sensación máis fermosa! Para atopalos basta con debuxar unha porta e saír por ela a ve-lo mundo. Ás veces, un non se decata do doado que é abrir esa porta. Outras veces, aínda que a porta estea diante, un nin sequera é quen de vela. Tomé poderá debuxar e abrir-la porta para saír da caixa na que vive porque ten un lapis máxico. Pero, en realidade, ¿fai falta a maxia para atopa-la amizade? [Presentación editorial]