Uxía acaba de nacer. Diante dos seus ollos, o mundo ábrese coma un libro coas páxinas en branco. Para que empece a saber como é ese mundo ó que vén de chegar, a súa tía Lupe escríbelle unha carta. Nela fálalle de Galicia e dos galegos, da vida familiar na aldea de Fisteus, dos soños, das alegrías e tamén dalgunhas penas. [Presentación editorial]