Este libro investiga o mundo dos cabalos na cultura celta, tema ao que, ata o de agora, se lle prestou pouca atención por parte dos historiadores e especialistas en literatura. Trátase dunha publicación importante non soamente per se, senón tamén nun contexto máis amplo do desenvolvemento da equitación e das tácticas militares na Gran Bretaña e na Europa do medievo. [Presentación editorial]