Este poemario é un conxunto de haikus que crean un diálogo intratextual coa poesía galega do mar. Maximino Cacheiro ten tratado este tema noutros libros seus e agora lévanos aquí, en breves fragmentos, ao mar das cantigas galego-portuguesas, Manuel Antonio e outros referentes propios del. Certamente son estes pequenos poemas a canle axeitada para expresar este sentimento íntimo e infinito. O libro está ilustrado por Antolín Cacheiro Varela, irmán do autor. [Presentación editorial]