Este traballo está na liña dos xa publicados nesta mesma colección: A feligresía de Santa Mariña do Obre e A freguesía de Santa Cristina de Barro. Desta vez, os autores achégannos referencias máis destacables da freguesía de Santa Mariña de Esteiro, atendendo a datos xeográficos, históricos, arquitectónicos, toponímicos, festivos… O estudo do caso concreto dunha freguesía é unha boa maneira de profundizarmos no coñecemento desta clase de núcleos poboacionais tipicamente galegos. [Presentación editorial]