Esta novela vén a ser unha narración mítica sobre o personaxe de Teucro, heroe da guerra de Troia, onde a ficción está ao servizo da revisión de datos reais transmitidos polas fontes antigas. A figura de Teucro ten despertado o interese da historiografía antiga, incluso da galega do século XIX, xa que lle atribuían a este a fundación da cidade de Pontevedra. O autor, pola súa formación clásica, domina ben as claves da literatura na que se inspira, con fontes tan ilustres como son a Ilíada ou a propia Biblia. [Presentación editorial]