Puntuación: 2.0/5 (37 votos)
Unha das grandes creacións da novelística galega do século XX ilustrada en cuberta coas extraordinarias fotografías feitas polo propio Eduardo Blanco Amor.
Con "Xente ao lonxe" (1972), Blanco Amor escribiu unha das grandes novelas corais da literatura galega. Un espectacular mosaico de voces, situacións e historias nas que o autor recrea os grandes cambios sociais que anuncian a Galicia a finais do século XIX, sempre no marco da cidade mítica, Auria, o seu territorio literario. A aparición desta novela, ambiciosa obra de madurez, coroaba a traxectoria dun dos máis grandes narradores do noso tempo.
Froito dun excepcional talento anovador, "Xente ao lonxe" ensambla un amplo abano de tipos humanos e historias sabiamente entrecruzadas e relatadas con eficaz técnica expresionista. Eduardo Blanco Amor realizou nesta novela un ambicioso experimento literario no que se combinan 170 personaxes -perfectamente individualizados pola fala- cunha concepción cinematográfica do relato, que vai acoutando progresivamente o seu campo de visión desde a panorámica social ao primeiro plano individual. Alegación en favor dos desherdados, "Xente ao lonxe" é unha novela total na que se reconstrúe un universo e un tempo.
[presentación editorial]