Obra poética colectiva dun grupo de cinco novas poetas (Anet Beiro, Rosa Lois, Silvia Mariño, Lupe Oroña e Lorena Peillet) entre esas poetas novas que irromperon, xa con forza, no sistema literario galego, achegando descubrimentos líricos das creadoras femininas e contribuíndo a unha orixinal polifonía poética. Trátase dun libro auroral que aglutina a unha manchea de creadoras que están na idade das promesas líricas, e que abordan temas tan intemporais coma o amor, o tempo e o esquecemento. As ilustracións son do artista David Ferrando e o prólogo da escritora Helena Villar. [presentación editorial]