A Viaxe de San Brandán, coñecida polo texto latino Nauigatio Sancti Brendani Abbtis (Navegación do Abade San Brandán) conta a extraordinaria viaxe polo Atlántico Norte que un grupo de monxes, liderados por San Brandán, realizou no século VI, en busca do paraíso na terra. Foi redactado por um monxe anónimo, tal vez arredor do 800 d.C., sendo moi pronto un verdadeiro best seller da literatura medieval. O traballo vai introducido por un estudio filolóxico. Trátase da primeira versión publicada en galego deste texto latino. [Presentación editorial]