Primeira obra do autor onde traza un mapa de vidas de homes do mar durante tres campañas mariñas nos caladoiros de Terranova nos anos ‘50. A dureza das xornadas e as relacións tirantes entre os compañeiros farán que a desgracia acompañe o Delfín, o barco que se converte nun protagonista máis. A historia tamén contén un tráxico episodio de amor que contrasta, pero tamén complementa a rudeza dos personaxes. [Presentación editorial]