Preséntasenos aquí unha fonda reflexión sobre a condición e comportamento humano ante o feito, tan terrible e absurdo como son as guerras. Vintín e Al-Haken son dous soldados que combaten desde as súas trincheiras pero non entre si, a loita é unha rebelión interior dos combatentes contra o pensamento único que invade o campo de batalla da vida. Ningún deles quere facer o xogo aos apóstoles da nova barbarie. [Presentación editorial]