Hai moitísimo tempo existía un mundo onde os coches eran os donos.Os habitantes daquel mundo estragaran a súa paisaxe para que os automóbiles puidesen circular sen problemas, desfacendo montañas enteiras e cubrindo todo de asfalto. Homes e mulleres botaban case todo o tempo dentro dos coches e gastaban todos os seus aforros en mercar o modelo dos seus soños. O noso amigo Brrumm-Brrumm nacera nunha gran fábrica na que os robots facían diariamente miles de vehículos coma el. Cada día daba voltas para atopar un sitio libre onde aparcar coidándose dun inimigo terrorífico, o Guindastre. O día máis feliz para el era o domingo, o día do autolavado, pois entraba nos túneles cheo de lixo e saía encerado e brillante. Mais esa felicidade duraba pouco, pois unha pinga de auga ou un pouco de lama deixábano sucio como sempre. Era como un porco mecánico: sempre estaba comendo e lixándoo todo, alimentábase de combustible que dixería mal e logo botaba gases moi contaminantes.
Ata que un día chegou a Meiga de Uz voando na súa piruleta máxica. Valéndose dos seus poderes, ceibou a xente daquelas ruidosas e fumegantes máquinas. Entón tornou o aire limpo, oíuse de novo o canto dos paxaros e nas cidades volvéronse ver paseantes. Así foi como Brrumm se converteu en Ring-Ring.[Presentación editorial]