Neste retrata o comportamento dos lugueses a través dos espazos urbanos máis queridos para el. O libro comeza e conclúe en outubro, e principia afirmando que ''Lugo é dunha solemnidade doméstica, dunha grandeza recollida. Dunha modernidade arcaica''. Esta é así mesmo unha historia milenaria, pois esta cidade foi fundada no século I a.C. na honra do emperador Octavio Augusto. As páxinas son un transcorrer polos arrecendos das rúas, as cores do mercado, o bruído das cantinas, o río calmo, os restos do rastro, o museo silandeiro, a chuvia eterna, a noite de neóns e dioptrías, os cantóns en domingo, os bosques derradeiros. É a alma luguesa de Henrique Alvarellos materializada nestes ''versos en prosa'', tan reais e tan oníricos como as fotografías de Paco Vilabarros coas que dialogan. [Presentación editorial]