Pouco a pouco, de acordo coas moitas esixencias que reclama o xénero, o ensaio está a se abrir camiño e aínda a ocupar un posto salientable no ámbito das Humanidades, que é xa desde hai anos o propio do Centro Ramón Piñeiro onde o profesor Ramón López Vázquez está a traballar sobre temas e figuras do pensamento galego, liña que agora se ve enriquecida con este "Roberto Nóvoa Santos (Nova interpretaci6n antropolóxica)" ó que dou unha entusiasta benvida.
Non merecen menos estas páxinas que conteñen unha proposta analítica sistematizada e organizada conforme ó criterio da "asimetría funcional" preconizada polo doutor compostelán Nóvoa Santos nos seus estudos e ensaios. O interese polas orixes da vida e da especie humana xunto a preocupación pola inmortalidade e polas realidades metapsíquicas, que aquí se estudan como eixos do seu pensamento, fan deste libro un útil instrumento para a intelección da existencia do home. Estamos, se dúbida, diante dun labor interpretativo e explicativo que se refiere a temas e motivos de innegable transcendencia e universalidade. Estamos, tamén, -e isto é un valor engadido- diante dun traballo que actualiza e reinvindica o maxisterio intelectual dun galego ilustre e prestixioso coma poucos: Roberto Nóvoa Santos. [Presentación de Celso Currás Fernández. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria]