Puntuación: 1.9/5 (76 votos)
Unha vez máis -e xa non son poucas- o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades procede á recuperación dun valioso material da nosa prensa emigrante en Cuba. Trátase, neste caso, das páxinas de "Eco de Galicia", revista que naceu no ano 1917, fundada por Manuel Femández Doallo e que contou por un tempo con Mercedes Vieito Bouza como directora, circunstancia certamente excepcional.
"Eco de Galicia" foi revista ilustrada de información rexional, pero ademais de informar, estivo sempre atenta e aberta á cultura, basicamente á cultura galega, ás súas artes e letras. Sinaturas como as de F. Vaamonde Lores, Basilio Alvarez, L. Carré Alvarellos, Otero Espasandín, A. Villar Ponte ou A. Rodríguez Elías entre outros moitos, dan conta da vocación cultural e galeguista -rexionalista mais concretamente- destas páxinas, das que nesta prifieira entrega ofrecemos o bienio 1917-1918, seguramente o menos coñecido da traxectoria da publicación, que continuou a súa xeira, con certas irregularidades, ata rematar definitivamente no ano 1936.
Non falarei aquí da utilidade dos índices nin do interese do estudo introdutorio, traballos da autoría de María Lojo, que tan bo recordo deixou como Lectora de galego en Montevideo. A fórmula que combina libro e CD-Rom -á vista está- continúa a ofrecer os mellores resultados para dar á luz un material tan amplo e tan abondoso (e tan interesante) que non poderiamos asumir doutra forma.
A nosa gratitude a Doña Nuria Gregori Torada, directora do Instituto de Literatura e Lingüística da Habana, de onde proceden os orixinais utilizados nesta edición, que contou, pois, coa xenerosa colaboración do Instituto. Sabemos hoxe algo fiáis daquela Galicia de Cuba pola que pasaron Manuel Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Fontenla Leal, Alfredo Nan de Allariz, Ramón Armada Teixeiro, Xosé Lesta Meis, Manuel Lugrís Freire e tantos outros ilustres galegos.
[Presentación de Celso Currás Fernández. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria]