Puntuación: 1.7/5 (77 votos)
Fichas bio-bibliográficas de autores nacidos en ou ligados á comarca da Limia. Referencias a vinte e cinco autores dos máis diversos campos: María del Carmen Agulló, Isaac Alonso Estraviz, Luís Álvarez Pousa, Roi Brâs, Xosé Luís Carneiro, Cándido Casal, Carlos Casares, Delfín Caseiro, Xosé Manuel Cid, Federico Cocho de Juan, Xosé Manuel Enríquez, Manoel Fonte Moura, Luís García Mañá, Manuel Mandianes, Miguel Marvoa da Límia, Luis Otero, Chus Pato, Claudio Pato, José A. Pérez Bouza, Elixio Rivas Quintas, Antón Riveiro Coello, María Ruído, Francisco Salinas Portugal, Avelino Sotelo Álvarez e Antón Tovar.
Coordinación de Xavier Paz. Introdución de Delfín Caseiro.
Edición para o Museo da Limia, de Vilar de Santos.
O Catálogo de Autores da Limia fai parte da tentativa da Biblioteca da Limia de aproximar os autores da comarca ao museo e de utilizar este como espazo para a difusión da súa obra. Mais non se esgotan nestes os obxectivos da publicación. Tamén se propón a recuperación da memoria no ámbito comarcal, reforzando os lazos de unión entre os autores, a posta en valor da riqueza cultural da comarca, a disposición dunha publicación que sirva de documento de consulta e material de traballo para os estudantes da comarca e cantos se poidan derivar para, en definitiva, contribuír á estruturación e á cohesión cultural da Limia.
[Presentación editorial]