Gañador do Premio de Poesía Prados Ledesma 2004, Fernando Rodríguez Gómez con "Miradas ausencias" ofrécenos unha visión sorprendente da realidade. Prescindindo de toda retórica, Fernando Rodríguez Gómez ocúpase de escenas cotiás e descobre verdades diferentes nas que se insiren. Ou presenta a banalidade detrás das fachadas suntuosas e dos grandes conceptos. Ou traza con palabras a sombra daquilo que non se pode dicir. O resultado son poemas medidos e concisos, escritos cunha linguaxe real, que respectan o que expresan e renden homenaxe á súa referencia fundamental: o ser humano.
O xurado que galardoou "miradas ausencias" de Fernando Rodríguez estivo
composto por Antón Fortes, Emilio Insua, Isidro Novo, Xoán Neira e Rosario
Basanta. Segundo Antón Fortes, nesta obra epigramática hai unha "ácida crítica á
xustiza, á explotación infantil, aos gobernantes" ao tempo que é
"solidaria" e "profunda".