Nesta obra, unha das clásicas da Guerra da Independencia desde a súa primeira edición en 1949, Tom Barry describe o escenario da West Cork Flying Column -comandada por el-, o seu adestramento e o seu plan de campaña. As Flying Columns eran pequenos grupos de voluntarios especializados, severamente dirixidos, adestrados e disciplinados. En movemento permanente, o seu principal obxectivo era simplemente existir para bater cando as condicións fosen favorables, evitar o desastre a toda costa. [Contracapa do libro]