Puntuación: 1.9/5 (50 votos)
Nun acto público celebrado o 14 de decembro de 2003, na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres, entregouse o premio Arume de poesía para nenos, patrocinado por dita Fundación.
Entre as vinteunha obras recibidas, o xurado escolleu o pomario titulado "Na praia dos lagartos", do que resultou ser autora Helena Villar Janeiro.
Púxose de relevo que na obra gañadora salientan "a tenrura que emana do seu contido, a escolla e o tratamento dos temas, moi axeitados para o mundo infantil. Hai todo un achegamento cordial á natureza galega, nunha poesía que abrolla espontaneamente, cun lucimento lexical auténtico, manexado con gracia e musicalidade.
Esta é a segunda edición bienal. O Premio ten un obxectivo: que os nenos e as nenas de Galicia se familiaricen co mundo da poesía: que deprendan nomes de plantas e animais; que amen e utilicen a lingua do seu país.
[Limiar do libro]