Obra gañadora do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2004. Pretende ser unha homenaxe "ás xentes que fixeron posible a rica civilización rural galega". A través dos datos que lle proporcionaron tres xeracións de informantes, a socióloga Julia Varela, natural da aldea que estuda, reconstrúe os modos de vida dunha comunidade rural e a evolución da civilización labrega car a súa desaparición.