Que se pode facer cando fóra chove desde a mañá á noite? Con "Mola que chova", poderás descubrir que, nos días de choiva, tamén tamén é posible pasalo ben. Abonda con ter os ollos moi abertos aos cambios e quizais quedes tan sorprendido como o gato Rufo das posibilidades que ofrece un día pasado por auga.
Renata Otero é a autora e ilustradora de "Mola que chova", primeira obra dirixida ao público infantil desta licenciada en Belas Artes e pintora. O estilo naïf que adoita caracterizar a obra pictórica de Renata otero chega por primeira vez da man de Galaxia, aos lectores máis novos. [Presentación editorial]