"Do tempo posuído [Poesía 1960-2000]", en palabras de Claudio Rodríguez Fer (autor do prólogo), é unha relectura viva da obra poética de Arcadio López-Casanova, feita polo propio autor en plenitude de facultades creativas e con engadidos inéditos:"A literatura galega ten con este autor e con este corpus unha equivalencia das inquedanzas integrais e dos logros líricos da máis esixente contemporánea europea". [lapela do libro]