Lolo ten o soño de andar en bicicleta, mesmo de ter unha bici de seu. Pero fixo un día unha trasnada das gordas e os Reis Magos, no canto de bici, deixáronlle carbón. De todos modos, Lolo empeza a practicar coa bici do seu pai ás agachadas...
"Lolo anda en bicicleta" é un dos contos para nenos que nos deixou Carlos Casares, autor que destacou polo seu apoio e atención ao desenvolvemento dunha literatura infantil de calidade en galego. Manuel Uhía, un dos máis veteranos debuxantes galegos, obtivo con esta obra, que Galaxia reedita en novo formato, o Premio "Rañolas" ao mellor libro ilustrado. [Presentación editorial]