Un rapaz descobre o sexo e fainos partícipe da súa educación sensual a través das súas aventuras picantes. Trátase dunha novela escrita con picardía e riqueza de detalles para espertar os sentidos. Todo un gozo. Mereceu unha mención especial no Premio Terra de Melide pola súa particular mestura de erotismo e ironía que o insire na mellor tradición do xénero en cuestión, elevándoo, na opinión do xurado, por riba das escasas obras comparables da literatura galega. [Presentación editorial]