Segundo o xurado que lle outorgou o Premio Terra de Melide, é este un "libro arriscado fortemente contemporáneo que trata dun xeito orixinal un
tema pouco frecuente na literatura galega: mundo laboral, precariedade,
globalización, deslocalización. A maneira de narrar resulta novidosa tanto
pola estructura modular do relato como pola utilización da linguaxe e a
incorporación de diálogos moi cribles. O resultado é unha novela ambiciosa
que co seu 'realismo simbólico' consegue un achegamento intenso á
realidade dos nosos tempos" [Presentación editorial]