En maio de 1960 publiquei, en Buenos Aires, o meu primiro libro, un humilde caderno de versos que titulei "Dende lonxe". Versos de morriña evocadora, mar por medio e con dez anos de trasterrado. Van alá catro décadas ben cumpridas. Andei nese tempo moitas camiños, tecín moitas palabras e aconteceron no mundo moitas cousas. Deixei o rebulir cosmopolita das grandes cidades e volvín ó meu recolecto eido orixinario, a Gres. Dende aquí cavilo, lembro, canto.(Gres, outubro de 2003) [Limiar do autor]