Velaquí unha hsitoria común, a crónica íntima dunha vida calquera. ¿Calquera? Tódalas vidas son distintas. Pablo Vaamonde invítanos a ollar dentro de nós, coma nunha radiografía. Anselmo, o protagonista, fai reconto da súa vida e o lector recompón o puzle da mesma coma quen constrúe un mosaico: trinta e unha estampas, trinta e un anacos, tal que os vidros rotos dunha fiestra. (Víctor F. Freixanes) [Contracapa do libro]