Froito do noso traballo de catalogación dos cruceiros da Terra Chá, denominado "Proxecto Carboeira" e que iniciamos en 1993, presentamos o tomo correspondente a Xermade. Neste concello localizamos 94 destas mostras de relixiosidade popular, entre cruceiros, cristos e cruces; elevado número se o comparamos coa relación recollida no Plan Xeral de Ordenación Urbana de Xermade publicada no número 120 do Boletín Oficial da Provincia o 4 de xuño de 2003, no que se inclúen só 46 entre cruceiros e petos de ánimas. Sen embargo, a pesar do minucioso traballo de campo, non descartamos a existencia dalgunha cruz máis no medio do monte ou á beira dun camiño abandonado e da que os veciños deste concello non nos poideron informar porque xa a teñen perdida na memoria. [Fragmento da introdución]