Andreas Egger chega de neno aos Alpes austríacos, onde o acolle unha familia de labregos. Co tempo, convértese nun home de poucas palabras que traballa na construción do teleférico. O amor da súa vida, Marie, falece axiña, embarazada do seu primeiro fillo, e Andreas deixa o val para loitar na Segunda Guerra Mundial, onde é tomado como prisioneiro no Cáucaso. Á súa volta, o “progreso” cambiara mesmo o seu remoto paraíso.
Un libro sobre a vida sinxela e a procura da dignidade e da beleza na soidade. Presentación editorial]