Estas dez narracións, escritas coa tinta azul das fadas, recrean con absoluta liberdade os argumentos e a estrutura dos contos clásicos de “Carapucha vermella”, “Peter Pan”, “As mil e unha noites”, “A sereíña”, “Bucles de ouro” ou “Os tres osiños”, “Brancaneves”, “A bela dormente do bosque”, “Cincenta”, “Barba azul” e “Alicia no país das marabillas”. Novos contos totalmente afastados dos contidos misóxinos, reaccionarios e pouco liberadores das versións primitivas que os provocaron; historias, tan distintas das aprendidas como as deu a vida, cosidas todas elas por fíos libertarios de homenaxes e repudios. Contos que expresan nesa vontade de cambio a verdade, verdade viva de ficcion. [Presentación editorial]