A colección ¿E que? vai dirixida a lectores de oito anos en diante e ten como obxectivo presentar situacións da vida cotiá abordadas con sentido do humor, imaxinación e capacidade desdramatizadora. Toda unha gran diversidade de situacións contada con orixinalidade, a literatura como xeito de introducir o lector infantil nos problemas reais, entre os que se inclúen diversidade de temas coma as discapacidades psíquicas, a ruptura da parella, os celos entre irmás, etc.
En “Eu non son loira, ¿e que?” , Kirmen Uribe aborda a historia dunha nena árabe que desexa ser loira para ser igual que as outras nenas cando a súa familia
ten que emigrar dun país árabe a Europa. O conto, escrito con grande orixinalidade, acaba sacando partido ás diferencias culturais, que son as que han facer que a protagonista consiga ser aceptada polos compañeiros e compañeiras de colexio como unha máis. Precisamente por ser distinta, Amira acaba integrándose nun país que non é o seu. O libro é un canto á diferenc¡a. [Presentación editorial]