Ano 837 da fundación de Roma. O cruel Domiciano goberna un vasto imperio que se estende dende a Babilonia ata Hispania.
Este territorio sobrevive grazas á lealdade das lexións e dos milleiros de escravos que extraen ducias de toneladas de ouro das minas hispanas de Gallaecia.
O senador Caio Plinio Segundo, envía ó seu liberto Severo ata o Porto dos Ártabros. Nesta remota illa galaica o xeneral Agrícola prepara a invasión de Caledonia, no norte de Britania. A misión de Severo é entregarlle a unha misteriosa dama unha importante mensaxe que pode cambiar o destino de Roma. [Presentación editorial]