Manuel Álvarez Torneiro é xornalista e poeta. A súa xa longa obra inclúe títulos en castelán, como "Desnudo en barro" e "Cenizas en el salmo", e, sobre todo, en galego. No idioma noso, desde "Memoria dun silencio", de 1982, publicou os poemarios "Fértil corpo do soño", "Restauracións dos días", "As voces consagradas", "As doazóns do incendio", "Rigorosamente humano", "Habitante único", "Luz de facer memoria", "Campo segado" e "Epicentro·. Recibiu os premios da crítica, Esquío e Miguel González Garcés; este, en dúas ocasións. [Lapela do libro]