Siempre que se fala do Castromil de Santiago de Compostela, e cada día parece que máis, refírense a un fermoso edificio demolido en 1975. A empresa de autobuses xa case é esquecida por todos, mais o edificio non. Algunha responsabilidade teñen as fotos que hai un moitos bares e fogares composteláns, os artigos que saen de cando en vez nos xornais e, sobre todos, os medios dixitais, que se encargan de difundir imaxes nunha especie de exercicio de relembranza sen fin. Consideran que houbo tempos pasados con feitos e elementos que ben merecen a pena conservar, e agora lembrar.
"De Quiqui Bar.. a Castromil" tenta ser unha crónica do que rodea o Quiquie Bar ou edificio Castromil, dous nomes para un mesmo edificio, dúas etapas diferentes que se comportaron de maneira distinta en circunstancias diversas. [Contracapa do libro]