A presente edición das Catro Cartas a un amigo alemán, auténtico acontecemento literario, incorpora un valioso Prefacio en tres capítulos onda o Beiras tradutor ofrece unha breve historia dunha versión galega que xa posúe, ademais do mérito literario en si mismo, un recoñecido valor histórico; contextualiza as Cartas na súa trama sincrónico-temporal e biográfica do autor, e engade un terceiro capítulo para explicar o por que da inclusión de nove textos complementarios de Camus que enriquecen notablemente a edición. [Presentación editorial]