Recóllese neste libro de Carlos Casares unha colección de relatos dispersos, en galego e castelán, algún deles inédito, escritos entre os anos 1965 e 2001.
Un conxunto de historias que vén ser o complemento dos dous libros de relatos –Vento ferido (1967) e Os escuros soños de Clío (1979)-, que o autor publicou en vida.
Pequenas xoias literarias do autor homenaxeado co Día das Letras galegas de 2017, nas que aparecen os temas principais da súa obra: a violencia, o dogmatismo, a tolerancia e o humor. [Presentación editorial]