Entre os autores e as obras máis importantes e influentes de toda a historia da humanidade encóntrase indubidablemente sir Isaac Newton e os seus Principios matemáticos da Filosofía natural (Philosophiae naturalis Principia mathematica, Londres, 1687). En 1728 -un ano despois da morte do sabio- o libro terceiro dos Principios, De mundi Systemate, foi editado como libro independente, obra que, na súa traducción ó galego e baixo o título O sistema do mundo, fai o volume 5 da colección Clásicos do Pensamento Universal. Estudio introductorio de Carlos Pajares Vales. [Presentación editorial]