Gravados rupestres de Cerdedo
O libro O legado dos homes pequenos. Gravados rupestres de Cerdedo é un periplo pioneiro, vagaroso e diletante pola arte prehistórica labrada nos pedregais deste antigo concello da Terra de Montes. Unha viaxe no tempo, un percurso apaixonante e apaixonado polas 41 estacións petroglíficas cerdedenses e, asemade, polas 39 insculturas descubertas polo colectivo Capitán Gosende naquel territorio durante os últimos anos. 20.000 km de aventura ateigados de entusiasmo e exentos de patrocinio. Quen busca atopa. [Presentación editorial]