Orixinal reescrita do clásico Mal vu mal dit (1981) de Samuel Beckett. Xogando no límite entre dicir oral e escrita literaria, no límite entre descrición e reflexión, o autor lalinense, ao igual ca Beckett, dá a ver o evento nu e complexo dunha anciá do rural. Na súa voz, calcada polo autor a modo de médium, nárrasenos o paso cotián das horas, dos sentimentos, das ledicias... E sobre todo da resistencia (e insistencia) no feroz da vida. Obra que provoca pensamento, ao tempo que nos fai visionar un mundo xa case desaparecido.
ficha da publicación
» Título:
Mal Mor
» Escritor/a: Emilio Araúxo
» Ed.
axóuxere,
» Ano: 2017
» Xénero: Narrativa
» CDU: 82-3=134.4
» IBIC: F - Ficción e temas afins
» Coleccion: Calíope
» Pax: 74
» ISBN: 978-84-944763-7-2