"A nena levantou a man e colleu entre os dedos un fío de ouro, non tan fino coma o dunha araña, senón máis groso, coma de la fiada. Seguiuno cos dedos ata dar co corazón de Fox.—Xa sabía eu –o fío desapareceu en canto baixou a man–. É teu." Cosacos, espías e un tsar que acode ás audiencias acompañado dun oso. Desta vez, a viaxe ao outro lado do espello leva a Jacob e a Fox ao Oriente. Tamén Will regresa ao mundo que lle deu unha pel de xade, seguindo o rastro da Fada Escura para tentar salvar a súa amada Clara. Pero o propósito da viaxe non o van decidir eles. O elfo dos amieiros non esqueceu o pacto que Jacob fixo con el no labirinto do barbazul e vai descubrirlles a Jacob e a Fox máis misterios sobre o mundo que os rodea dos que eles quererían coñecer… O fío de ouro, tan inquebrantable que mesmo as fadas parecen ceder ante o seu poder, guiará os pasos dos personaxes. [Presentación editorial]