coidado con mesturar a vida coa morte. A vida e maila morte sempre estiveron separadas, como seica o están a realidade e a ficción. Unha exclúe a outra. Os mortos non deben volver. Se regresasen, provocarían o caos, a aparición dunha nova era.
Velaquí a de Lázaro, que é a era dos resucitados, onde os mortos camiñan entre os vivos, confunde o tempo, o espazo, trastocan a rutina do cotián. Para que todo volva á orde inicial xorde unha entidade, A Empresa, encargada de que ninguén regrese da morte, de que a ficción non acabe engulindo a realidade. A Empresa está en todas partes e en ningunha. A Empresa ten os nosos ollos e os nosos oídos. A Empresa existe porque nós llo pedimos. A Empresa garante a nosa seguridade, mentres non interfiramos nos seus intereses... [presentación editorial]