Contar a vida de xente corrente, as súas inquedanzas, sentimentos e emocións é un dos obxectivos de Oitocentos, a novela de Xavier Franco Alonso que Editorial Galaxia publica na colección illa Nova. Os personaxes desta historia, un excorredor de atletismo e o seu grupo de amigos, abalan entre a inestabilidade laboral e a indeterminación persoal. Sen perspectivas no traballo e coa ameaza permanente da soidade pairando sobre a súa vida. Encrucillada vital que o autor vai resolver a través dunha interesante narración dialogada, que se desenvoilve en escenas que lembran as dunha película.
[Presentación editorial]