Esta obra invoca a multivocidade agochada nunha subxectividade en transición: o eu da poeta camiña cara á multiplicación de si a través do silencio, con apelacións a unha enunciación que, intencionalmente, se desfai.
Facendo uso da lírica pagá e medieval mais guindando boias ás tradicións non occidentais, retómase a palabra non dita, a palabra non articulada, a palabra gutural, retida na gorxa das mulleres.
Entre os pasos pisados con solemnidade e forza, rachando a atmosfera postapocalíptica, a sibila anuncia unha lírica que foxe da clausura, abríndose ás fendas do eu.
[Presentación editorial]