Botas un peso no tocadiscos. Méteslle unha profunda calada ao longo e afinado pitillo mouro. Escolles canción de vagar, expulsando o fume. Premes a tecla cun súpeto toque que ecoa fachendoso. Axiña estala, eléctrico, libremente, o Smoke on the water. Todo estaba perfecto. O tempo ao teu favor, parecía. ¿A que hora vai vir o futuro? [contracapa do libro]