Este volume contén os textos de tres dos espectáculos estreados por Ibuprofeno Teatro dende a súa fundación no 2010. A traxectoria da compañía de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre completaríase con Fitness (2013), un espectáculo de clown de rúa mudo, e Raclette (Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014), estreada en 2016.
A liña mestra de Ibuprofeno Teatro é a procura dunha linguaxe propia e recoñecible para falar dos temas clave dunha sociedade globalizada e complexa, que condiciona os personaxes e os leva a situacións absurdas, cargadas dun humor acedo e sarcástico. [Presentación editorial]