Puntuación: 1.9/5 (67 votos)
A tortura maior que pode padecer un humano é, talvez, a de ser consciente todo o tempo, a tortura da vela, da perenne lucidez: non durmir, non lle dar un descanso á memoria, estar aí, ser a medida do teu -do seu- propio inferno.
"L'enfer c'est nous", poderían dicir os protagonistas das tres pezas do volume Insomnes de Manuel Lourenzo que publica aquí a Biblioteca-Arquivo: os mortos recentes que arrastran os seus carriños pola orografía fósil d'O Glaciar, os adolescentes inconclusos de Nosferatu, ou os artistas que deambulan coas súas obras polo baixos d'A Conquista da cripta.
Todos eles, camiño dun naufraxio inevitábel, mesmo ás veces traxicamente desexado: o silencio, a petrificación definitiva, o nada... E, con todo, a loita instintiva pola sobrevivencia, por manter a cabeza, cando menos, libre para poderen constatar, a través da ironía, do absurdo ou do rito.
[lapela do libro]