Esta é unha historia longa contada en capítulos breves.
Na Biblioteca Neira Vilas, recupera Editorial Galaxia unha novela do autor de memorias dun neno labrego. Aqueles anos do Moncho escribiuna Neira Vilas na Habana, cando xa levaba alí máis dunha década, coincidindo co final da ditadura franquista. Trátase dun relato dos temopos da Guerra Civil en Galicia a través da experinecia dun neno.
Transcorre nunha aldea galega durante os anos da Guerra Civil. Todo xira arredor da existencia dun neno duns nove anos, cheo de curiosidade mais ao que lle custa entender o que acontece. Con todo, vai madurecendo e vai percibindo algo nese mundo a un tempo estreito e universal. Con tenrura e sinxeleza. Moncho vaise achegando ao que sucede ata o punto de querer incorporarse a unha loita que está máis alá das súas posibilidade.