Evitar un novo Prestige. ¿Pode a Economía Ambiental axudar a conseguilo? Se o lector deste libro compara os efectos das avaliacións de danos sobre os responsables das mareas negras nos EE.UU. (Exxon Valdez) e Europa (Erika, A. Sea, ...) caerá na conta de onde temos grandes eivas que corrixir. Os autores dos distintos capítulos -voluntariado internacional dunha análise de urxencia- sinalan as luces e as sombras coas que especulan os que converten aforros privados en catástrofes públicas. [contracapa do libro]