Esta antoloxía de poesía gaélica contemporánea tenta contribuir a afondar nos vencellos lingüísticos, culturais e sociolóxicos que Galicia e Irlanda, en certa medida, comparten. Tenta ser, polo tanto, unha achega a través da tradución ao intercambio e ao diálogo entre dúas culturas, linguas e literaturas a miúdo minorizadas que seguen a avanzar e reinvertarse a pesar de existiren en contextos desfavorables. [Presentación editorial]